Hoxe, 5 de Outubro, no CSC A Peregrina as 18:30 h. está programada a actividade infantil Contadoras do invisible.

¡¡¡Anímate e participa!!!
Hoxe, 5 de Outubro, no CSC A Peregrina as 18:30 h. está programada a actividade infantil Contadoras do invisible.

¡¡¡Anímate e participa!!!
No dia de hoxe, 4 de Outubro, tivo lugar a XIX Limpeza Simultánea de Rios baixo o lema Mollate polos ríos dentro do Proxecto Rios co cal colabora a AA.VV. Rio Sarela. Dende a AA.VV. Rio Sarela queremos fomentar entre a veciñanza, e en especial, entre os nosos nenos e nenas a importancia de manter limpo o noso río.
Non podemos esquecer que o coidado do noso patrimonio natural, sobre todo, o que temos máis preto, é unha responsabilidade de todos nós, motivo polo que debemos ser conscientes das consecuencias de tirar o lixo ao río ou na súa contorna.

Dende ésta asociación veciñal estamos traballando arreo para que a nosa parroquia conte co equipamento necesario para a recollida dos distintos tipos lixo, puntos limpos móbiles, pílulas de sensibilización medioambiental, etc. Por esta razón, e sen prexuízo de seguir mellorando, achegámosvos estas imaxes das que fomos participes, e esperamos que nos axuden a tomar conciencia da necesidade de coidar o noso e depositemos o lixo nos lugares habilitados por toda a parroquia para elo.
Por último, agradecemos sinceramente a implicación de todas aquelas persoas que decidiron participar activamente nesta actividade.
Dende a AA.VV. Rio Sarela informamos que o próximo día 4 de Outubro as 10:00 h. (punto de encontro no CSC A Peregrina) terá lugar a limpeza dun treito do Rio Sarela, enmarcado na actividade Móllate polos ríos coma colaboradores do Proxecto Rios e ca colaboración do Concello de Santiago de Compostela.

O remate da limpeza haberá unha pequena merenda no CSC A Peregrina para todos os participantes.
Informar que para a participación na actividade é OBRIGATORIO que os maiores de idade se poñan en contacto ca AA.VV. Rio Sarela para trasladarlle o nome compreto, teléfono e DNI. No caso de menores de idade deberán estar acompañados dun adulto. Poden facilitar a información polas canles habituais de e-mail (aavvriosarela@aperegrina.org), teléfono ou whatsapp (648 901 791). A finalidade do rexistro de participantes é trasladalo a entidade organizadora e poder incorporalo o seguro de responsabilidade civil da actividade. O prazo de envio da información finaliza o mércores 30 de Setembro.
No proceso de rexistro dos participantes se trasladará tamén toda a información relativa a actividade, como normas da actividade, vestimenta,…
¡¡¡Esperamos a vosa participación!!!
Dende a AA.VV. Rio Sarela informamos dunha nova edición do mercado de proximidade Artesanamente que se celebrará o 18, 19 e 20 de setembro de 2026 de 11.00-14.30 e 16.00-21.00 na Sede Afundación en Rúa do Vilar, 19 en Santiago de Compostela

Podes descargar a programación en http://aperegrina.org/wp-content/uploads/2026/09/ARTESANAMENTE.pdf
¡¡Anímate e participa!!
O pasado luns 7 de setembro a directiva da AA.VV. Rio Sarela mantivo unha xuntanza co goberno municipal, do cal estiveron presentes a alcaldesa Goretti Sanmartin e os concelleiros e concelleiras Pilar Lueiro García, Xesús Manuel Domínguez Domínguez e Xan Duro Fernández.

Na reunión, se trasladaron por parte de AA.VV. Rio Sarela un conxunto de demandas e necesidades que temos na nosa parroquia e as cales consideramos que, na medida do posible, se vaian realizando.
Por parte da AA.VV. Rio Sarela seguiremos adiante con demandas particulares da nosa parroquia, co obxectivo de que sexan realizadas o antes posible.
¡¡¡Seguimos traballando para a veciñanza!!!
Veñen de rematar as Festas Patronais 2026 de A Peregrina cunha gran participación de toda a veciñanza.


Agradecer tanto a Comisión de Festas coma a Cofradía de Santa María de A Peregrina a organización destas festas que tanto desfrutamos os veciños e veciñas de A Peregrina.


Agora nos queda só esperar un ano para repetir festas, e nesa espera apoiar e axudar a nova Comisión de Festas nas actividades que promovan para recadación de fondos para sufragar os gastos das nosas festas.
Tras finalizar o prazo para as inscripcións das actividades organizadas pola AA.VV. Rio Sarela procedemos a anunciar a oferta de actividades do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2026/2027 que se desenrolarán no CSC A Peregrina.

As actividades son as seguintes:
Actividades Infantís
– Enredando (espazo infantil): Luns e Xoves de 18:00 h a 20:00 h. (15 prazas – Gratuito)
Actividades Senior
– Espazo Sénior (a nosa memoria): Luns e Xoves de 16:30 h. a 17:30 h. (15 prazas – Gratuito)
– Cultiva o Corpo: Martes e xoves de 17:30 h. a 18:30 h. (organizada por Agadea/Concello de Santiago de Compostela – Gratuita)
Actividades informática
– Club dixital: Venres de 18:30 h. a 19:30 h. (10 prazas – 15€/anual)
No caso da actividade Cultiva o Corpo a inscripción será para incluirse na lista de agarda xa que o grupo está completo. Revisarase con concello a posibilidade de abrir un segundo grupo.
No referente a inscripción, indicar que éstas actividades son organizadas polo Concello de Santiago de Compostela polo que a inscripción deberá realizarse dende o 3 ao 14 de Setembro de dous xeitos diferentes:
– Vía online a través da sede electrónica na páxina www.santiagodecompostela.gal ou do formulario dispoñible en https://cursosredecscsantiago.wordpress.com/
– Excepcionalmente, admitirase a modalidade de preinscrición presencial para aquelas persoas que, polas súas circunstancias, non poidan facer o trámite telemáticamente, dirixindose ao Centro Sociocultural de referencia. No caso dos CSC do rural recolleranse únicamente no CSC de Vite, Conxo, Romaño, Ensanche, Fontiñas, Santa Marta e Castiñeiriño e Casa Das Asociacións de Cornes. Neste caso, realizarase atendendo aos horarios de apertura e atención ao público dos centros socioculturais.
De cara a facilitar a inscipción nas actividades, dende a AA.VV. Rio Sarela poderáse tramitar a preinscripción nas devanditas actividades. A través de correo electrónico aavvriosarela@aperegrina.org ou ben via telefónica/whatsapp ó teléfono 648901791 é necesario na inscripción incluir o nome, apelidos, DNI, teléfono de contacto e e-mail (opcional) asi coma o nome da actividade na que desexa ser inscrito.
Todas as actividades indicadas anteriormente darán comezo na primeira semana de Outubro.
Esperamos a participación da veciñanza nestas actividades organizadas polo Concello de Santiago de Compostela como nas actividades propias organizadas pola AA.VV. Rio Sarela.
Apúntate xa!!!!
Dende a AA.VV. Rio Sarela vamos a ampliar o prazo para a inscripción de Zumba ate o 1 de Setembro. Necesitamos sóamente 2 alumn@s máis para poder abrir un novo grupo.

Pregamos difusión entre a veciñanza e coñecidos para ver se damos aberto un novo grupo e así seguir fomentando a xuntanza da veciñanza a través das actividades que se organizan.
¡¡¡Fagamos un último esforzo, apúntate!!!
Xa temos programación das Festas patronais 2026 de A Peregrina.

Esperamos a asistencia e participación de toda a veciñanza nos diferentes actos programados.
Agradecer a Comisión de Festas a adicación e esforzo para organizar estas tan desexadas festas.
Dende AA.VV. Rio Sarela recordamos que segue estamos nos últimos dias da inscripción para as actividades para o próximo curso 2026/2027.
Xa temos dous grupos abertos para Pilates e a piques de abrir grupo para Zumba. Animade a veciños e veciñas, amigos e amigas,… a ver se damos aberto novo grupo.





¡¡¡Xa non queda nada, apúntate!!!