AAVV Rio Sarela

A Asociación de Veciños Rio Sarela (A Peregrina, Santiago de Compostela) constitúese o 31 de Marzo de 1978 como unha entidade de carácter privado sen ánimo de lucro.

A Asociación rexerase polos presentes Estatutos, pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións e pola demais lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.

O ámbito territorial onde se desenvolverán as súas actividades será toda a parroquia de A Peregrina no concello de Santiago de Compostela.

Son fins da Asociación de Veciños Rio Sarela:

  • Todos aqueles relacionados coa defensa xeral dos seus asociados en canto a problemas do seu ámbito territorial: rúas, saneamento, alumeado, etc, así como asesoramento ós veciños sobre estas cuestións e propostas de solución as autoridades competentes.
  • Cooperar polo bo funcionamento das institucións educativas da parroquia, informando os organismos competentes, e formulando oportunas propostas ao efecto.
  • Apoiar e promover actividades culturais e deportivas orientadas ó desenvolvemento integral do individuo e da comunidade.
  • Intervir, denunciar e tratar de resolver os problemas que en materia de vivenda, ensino, transporte, consumo e sanidade se dean no seu ámbito de acción.
  • Promover a defensa do consumidor por tódolos medios legais podendo constituír comisións para fins concretos deste tipo.
  • Promover o desenvolvemento das actividades agrícolas e gandeiras da zona.

Foron moitos os veciños e veciñas que, formando parte das diferentes Xuntas Directivas que, ao longo destes anos, tivo a asociación, traballaron a reo e dedicaron o seu tempo e esforzo de forma desinteresada para mellorar as condicións de vida da xente que vivimos nesta parroquia, compromiso que é necesario recoñecer e agradecer.

A actual Xunta Directiva foi elixida na Asamblea Extraordinaria do 9 de Marzo do 2025.

Pode descargar os estatutos da Asociación de Veciños Rio Sarela neste enlace

Asimesmo pode visualizar os actas das asambleas realizadas en:

Pode contactar ca Asociación de Veciños Rio Sarela por:

aavvriosarela@aperegrina.org
648 901 791
https://www.facebook.com/AAVVRioSarela
https://www.instagram.com/aavv_riosarela/