Atentos ás datas importantes desta semana!!!

Nos vos esquezades que esta semana tedes dúas datas para recordar:

  • O vindeiro martes 14 de Maio ás 19:00 h. no CSC A Peregrina terá lugar a charla A Nosa Contorna e a Vespa velutina: Coñecemento e Acción organizada polo Concello de Santiago de Compostela. Non é necesaria inscripción. Esperamos a vosa participación.
  • O vindeiro mércores 15 de Maio finaliza o prazo de inscripción a excursión ás Illas Cíes dentro do programa Descubre Galicia. Recordade que a reserva a podedes facer a través de correo electrónico aavvriosarela@aperegrina.org ou ben via telefónica/whatsapp ó teléfono 648 90 17 91. É necesario na reserva incluir o nome, apelidos, nº DNI, data de nacemento e teléfono de contacto dos viaxeiros. Difundide entre os veciños e coñecidos e animádevos a visitar éste parque natural. ¡¡¡Apúntate!!!
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.