Limpeza do Rio Sarela

Dende a AA.VV. Rio Sarela informar que no día de onte comezou unha actuación por parte de Augas de Galicia e a Xunta de Galicia no Rio Sarela.

Froito do compromiso existente por parte da AA.VV. Rio Sarela co medio ambiente e co noso patrimonio natural, reclamouse en máis dunha ocasión a limpeza do Rio Sarela ante as administracións locais e autonómicas.

A actuación consistirá na limpeza das marxes e cauce do rio, no cal co paso dos anos se foi degradando pola caída de árbores no cauce, temporais,etc.. Dita limpeza comezou na ponte do Rio Sarela en Sarela de Arriba e se extenderá durante aproximadamente 7 Km. ate o barrio de Santa Isabel, xa no núcleo urbano de Santiago de Compostela.

Esperamos que dita limpeza sirva para desfrutar do noso río agora que temos cerca o bo tempo.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.