Uso de puntos de recollida

Dende a AA.VV. Rio Sarela infórmase de que se veñen recibindo queixas por parte da veciñanza do uso inadecuado dos contenedores sitos en distintas localizacións da parroquia. Tamén no referente ó depósito de todo tipo de enseres, colchóns, mobles,… a carón dos puntos de recollida.

Informar que para os materiais voluminosos temos, no Concello de Santiago de Compostela, dous puntos limpos sitos en Piñor e no Polígono do Tambre no cal se poden deixar enseres de todo tipo totalmente de balde. Toda a información respecto ós puntos limpos está pública no portal web do Concello de Santiago de Compostela nesta ligazón

Na ligazón podedes descargar a documentación elaborada pola AA.VV. Rio Sarela para o uso adecuado dos puntos de recollida.

¡¡¡Coidemos a nosa contorna!!!

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.