Tras informar o pasado 31 de Maio do 2024 do comezo da limpeza do Rio Sarela dende a ponte do Rio Sarela en Sarela de Arriba ate o barrio de Santa Isabel (aproximádamente 7 Kms.), queremos dar conta da finalización da limpeza, na que se incluiu finalmente tamén o treito inicial rio arriba dende a ponte do Rio Sarela en Sarela de Arriba.

Dende a AA.VV. Rio Sarela xestionouse ca Xunta de Galicia e Augas de Galicia a inclusión do tramo inicial do Rio Sarela que se mostra na imaxe adxunta cunha distancia aproximada duns 500 mts.
Agora toca desfrutar do noso rio e das súas sendas.