Dende a AA.VV. Rio Sarela queremos informar de avances importantes na representación da nosa asociación en diferentes organismos que teñen coma obxectivo principal a mellora do rural compostelán.
Por unha parte, o pasado 13 de Xuño do 2024 constituiuse o Consello Municipal do Rural, un novo órgano que ten por función por o rural no foco das decisións municipais, e principalmente, reclamar a dotación dos mesmos servizos ás xentes que viven fóra do núcleo urbano da capital galega e controlar a acción municipal neste ámbito. O vicepresidente da asociación, José Antonio Gallas Barcia foi elexido como un dos seis representantes do rural compostelán neste consello.

A AA.VV. Rio Sarela é unha das 22 asociacións de veciños do rural que conforman a Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago (FERUSA). O obxectivo de FERUSA é defender os dereitos da veciñanza do rural de Santiago de Compostela e loitar por unha millor calidade de vida. O 4 de Xullo de 2024 tivo lugar a Asamblea Ordinaria e Extraordinaria da federación, na cal se elexiu a nova xunta directiva. O presidente da nosa asociación, José Antonio Domínguez Varela foi nomeado vicepresidente de FERUSA.
Pensamos que, estar representados nestes organismos, aparte de dar unha visibilidade maior da nosa asociación a nivel local, danos a oportunidade de participar nos órganos onde se toman decisións que, directa ou indirectamente, repercuten na mellora de todo o rural compostelán, e en particular da nosa parroquia.