Programa de actividades 2024/2025

Dende a AA.VV. Rio Sarela damos a coñecer a programación de actividades para o curso 2024/2025.

Se tes interese en que dende a AA.VV. Rio Sarela organicemos algunha actividade en concreto ou facer algunha xornada de formación, non tes máis que contactar connosco a través de e-mail a aavvriosarela@aperegrina.org ou por teléfono/whataspp o número 648 90 17 91

¡¡¡ Esperamos as túas suxerencias !!!

Pilates

  • Organiza: AA.VV. Rio Sarela
  • Lugar: CSC A Peregrina (Santiago de Compostela)
  • Data inscripción: Ata o 26 de Agosto de 2024
  • Inicio actividade: 2 de Setembro do 2024
  • Horario: Luns, Mércores e Venres de 19:00 h. a 20:00 h.
  • Prezo:
    ◦ 25 €/mes (Socios) – 30 €/mes (Non Socios) (Mércores e Venres)
    ◦ 35 €/mes (Socios) – 40 €/mes (Non Socios) (Luns, Mércores e Venres)
  • Prazas: 8 (mínimo) – 12 (máximo)
  • Información adicional:
    ◦ Pago mensual
    ◦ No caso dunha demanda alta de alumnado pode haber un segundo turno nos mesmos días da semana pero de 18:00 h. a 19:00 h.
    ◦ Información e reservas por e-mail a aavvriosarela@aperegrina.org ou por teléfono/whataspp o número 648 90 17 91

Clases de música e baile tradicional galego

  • Organiza: Novo Rio Sarela (coa colaboración de AA.VV. Rio Sarela)
  • Lugar: CSC A Peregrina (Santiago de Compostela )
  • Data inscripción: Ata o 2 de Setembro de 2024
  • Inicio actividade: 6 de Outubro do 2024
  • Horario:
    ◦ Domingo de 11:00 h. a 12:00 h. (Baile)
    ◦ Domingo de 12:00 h. a 13:00 h. (Gaita e percursión)
  • Prezo:
    ◦ 120 € (cuota anual)
  • Información adicional:
    ◦ Pago anual
    ◦ Información e reservas por e-mail a novoriosarela@aperegrina.org ou por teléfono/whataspp os números 664 62 42 16 / 660 80 50 70
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.