Dentro dos estatutos da AA.VV. Rio Sarela e como un dos fins da asociación que temos é “Promover a defensa do contorno ambiental urbano e natural.”
Neste sentido, dende a asociación se lanzaron iniciativas para o correcto uso dos colectores de lixo e a reciclaxe do mesmo, un proxecto de inventariado e mantemento do patrimonio natural, análises e limpeza do Rio Sarela,…
Pero éstas iniciativas carecen de sentido se se producen conductas incívicas que poñen en perigo o noso patrimonio natural, con feitos que se produciron nas últimas datas na nosa parroquia. Dende a acumulación de estullos cerca do núcleo de Sarela de Arriba, restos de móbeis en Aradas ata o verquido incontrolado (acaecido no dia de onte) no Rio Sarela.


Todos éstes feitos foron denunciados e comunicados polos propios veciños á AA.VV. Rio Sarela e se procedeu a súa comunicación a diferentes institucións ou grupos de actuación (Concello de Santiago de Compostela, 112, Seprona,…) para a súa investigación e localización dos responsables dos mesmos.


Dende a AA.VV. Rio Sarela agradecemos a veciñanza a colaboración para a denuncia deste tipo de feitos de forma que a través deste tipo de comunicacións poidamos poñer coto a éstas conductas inaxeitadas.