Programa de actividades 2024/2025 – Concello de Santiago de Compostela

Tras finalizar o prazo para as inscripcións das actividades organizadas pola AA.VV. Rio Sarela procedemos a anunciar a oferta de actividades do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2024/2025 que se desenrolarán no CSC A Peregrina.

As actividades son as seguintes:

Actividades Infantís

  • Enredando (espazo infantil): Luns e Xoves de 18:00 h a 20:00 h. (15 prazas – Gratuito)

Actividades Adultos

  • Club da creatividade: Martes de 19:00 h. a 20:30 h. (12 prazas – 15€/anual)

Actividades Senior

  • Espazo Sénior (a nosa memoria): Luns e Xoves de 16:30 h. a 17:30 h. (12 prazas – Gratuito)

Actividades informática

  • Informática infantil: Venres de 17:00 h. a 18:00 h. (10 prazas – Gratuito)
  • Club dixital: Venres de 18:30 h. a 19:30 h. (10 prazas – 15€/anual)

No referente a inscripción, indicar que éstas actividades son organizadas polo Concello de Santiago de Compostela polo que a inscripción deberá realizarse dende o 3 ao 13 de Setembro de tres xeitos diferentes:

  • Vía online a través da páxina web santiagodecompostela.gal cubrindo o formulario CC002 da Sede Electrónica.
  • Presencialmente no CSC A Peregrina o luns e xoves de 17:00 h. a 20:00 h. cumprimentando o formulario CC002.
  • Enviando e-mail a ccpreinscripcions@santiagodecompostela.gal xuntando o formulario CC002 cumprimentado.

Destacar que dentro das actividades ofertadas, este ano comezamos cunha nova actividade para adultos Club da creatividade no cal se desenrolarán manualidades para poder ser realizar por persoas adultas. Esta actividade foi solicitada por varios veciños e veciñas, co cal cumprimos unha demanda existente.

Todas as actividades indicadas anteriormente darán comezo a partir do 1 de Outubro.

Recordar tamén que continuamos ca actividade para personas adultas/senior:

  • Cultiva o Corpo: Martes e xoves de 17:30 h. a 18:30 h. (organizada por Agadea/Concello de Santiago de Compostela – Gratuita). O prazo de inscripción e actualización do alumnado será do 9 al 15 de Setembro de 17:30 h. a 18:30 h. no CSC A Peregrina. O comezo da actividade será o 17 de Setembro

Esperamos a participación da veciñanza tanto nestas actividades organizadas polo Concello de Santiago de Compostela como nas actividades propias organizadas pola AA.VV. Rio Sarela.

Apúntate xa!!!!

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.