Modificacións no transporte urbano – Liña P7

Dende a AA.VV. Rio Sarela infórmase que se veñen de publicar os horarios de inverno para o transporte urbano. Pode descargarse a información no enlace .

Os novos horarios entrarán en vigor o próximo luns 9 de setembro.

Con respecto a Liña P7 prodúcense os seguintes cambios:

  • Na Liña P7 (Pardaces) suprímese a expedición das 06:45 h. (L-V laborables) e se engade unha nova expedición as 17:00 h. (L-V laborables) tal e como foi solicitado pola veciñanza afectada por ésta liña na última asamblea ordinaria da AA.VV. Rio Sarela do 25/02/2024
  • Tanto na Liña P7 (Pardaces) como na Liña P7 (Peregrina) se retrasan as saídas das expedicións do mediodia entre 5-10 min. por mor das obras da Rúa Pombal e que afectan principalmente ás saídas de colexios e institutos. Éstes axustes podrían sufrir modificacións dependendo da situación do tráfico provocada polas obras. En caso de haber variacións, serían novamente comunicadas.

Calqueira dúbida ou aclaración sobre os horarios podedes poñeros en contacto ca AA.VV. Rio Sarela a través das canles habituais.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.