Dende a AA.VV. Rio Sarela seguimos traballando en dotar o CSC A Peregrina de elementos que nos permitan desenrolar novas actividades así como que poidan ser utilizados pola veciñanza.
Tras dotar o centro dun equipamento informático acorde cas necesidades existentes e promover actividades de uso dos mesmos ( Informática Infantil, Club Dixital,…), nas últimas semanas vénse de finalizar a instalación dun televisor de 65”, un forno, unha nevera e unha cafetera de cápsulas. Éste novo equipamento nos permitirá organizar novas actividades e tamén poñelo así a disposición da veciñanza para o seu uso é disfrute.
Dende a AA.VV. Rio Sarela queremos agradecer a colaboración desinteresada de veciños e socios pola súa participación no acondicionamento e instalación do novo equipamento.
Pronto teredes novas das actividades programadas!!!