Serán de Parolas

A AA.VV. Rio Sarela, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, organiza a actividade Serán de Parolas.

O obxectivo da nova actividade é promover a xuntanza da veciñanza no CSC A Peregrina para que poidan reunirse, conversar, xogar as cartas, dominó, parchís, … ou simplemente pasar un rato agradable, poñendo a súa disposición un espazo de reunión público.

Asimesmo, tamén poderáse ver calquer programa de televisión grazas a renovación que se ven de facer nos últimos días do equipamento audiovisual do centro pola AA.VV. Sarela. Por último, permanecerá aberta a aula de informática de xeito que se poidan usar o equipamento informático pola cativada e a veciñanza en xeral.

Queremos facer do CSC A Peregrina un punto de encontro por e para toda a veciñanza, xa que o obxectivo é que a actividade de Serán de Parolas non sexa algo puntual senón que, se hai participación, se poida abrir regularmente o local social para disfrute da veciñanza.

Non vos esquenzades, a nosa primeira cita:

  • Lugar: CSC A Peregrina
  • Data: 22/SEP/2024
  • Hora: 16:30 h. a 19:30 h.

Facendo parroquia!!!

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.