Novas modificacións na líña P7 por mor das obras Rúa Pombal

O luns 9 de setembro entraron en vigor os horarios de inverno para o transporte urbano.

No referente a Liña P7 comunicáronse por pequenas modificacións por mor das obras da Rúa Pombal. Tras o comezo do curso escolar se trasladaron a AA.VV. Rio Sarela as dificultades, principalmente nas saídas de institutos e colexios, para coller o transporte urbano nos horarios establecidos; razón polo cal, se trasladou ó Concello de Santiago de Compostela a situación e se propuxeron pequenos cambios para solventar os problemas existentes.

As propostas aceptadas polo Concello de Santiago de Compostela e que entrarán en vigor o luns 23 de setembro son as seguintes:

  • Liña P7 (A Peregrina): A expedición con saída as 14:35 h. da Rúa Senra manterá o seu horario de saída, pero previamente na parada de Avda. das Burgas (enfrente ó IES Xelmirez I) non saírá antes das 14:30 h., permitindo ademáis a recollida dos rapaces que saian do instituto.
  • Liña P7 (Pardaces): A expedición con saída as 15:05 h. da Rúa Senra farase as 15:10 h.

Esperamos que éstos pequenos cambios solventen os problemas detectados no inicio dos horarios de inverno

Calqueira dúbida ou aclaración sobre os horarios podedes poñeros en contacto ca AA.VV. Rio Sarela a través das canles habituais.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.