O domingo 29 de Setembro tivo lugar a XVII Limpeza Simultánea de Rios baixo o lema Móllate polos ríos dentro do Proxecto Rios co cal colabora a AA.VV. Rio Sarela.
Non podemos esquecer que o coidado do noso patrimonio natural, sobre todo, o que temos máis preto, é unha responsabilidade de todos nós, motivo polo que debemos ser conscientes das consecuencias de tirar o lixo ao río ou na súa contorna.
Dende ésta asociación veciñal estamos traballando arreo para que a nosa parroquia conte co equipamento necesario para a recollida dos distintos tipos lixo, puntos limpos móbiles, pílulas de sensibilización medioambiental, etc. Por esta razón, e sen prexuízo de seguir mellorando, achegámosvos estas imaxes das que fomos participes, e esperamos que nos axuden a tomar conciencia da necesidade de coidar o noso e depositemos o lixo nos lugares habilitados por toda a parroquia para elo.
Por último, agradecemos sinceramente a implicación de todas aquelas persoas que decidiron participar activamente nesta actividade.