¡¡¡Aviso importante!!!

Dende a AA.VV. Rio Sarela informamos que nos veñen de comunicar veciños de Aradas da non potabilidade da auga da Fonte de Aradas.

Tras una análise da auga da fonte se indica que “se considera auga sanitariamente non potable”. Prégase polo tanto non usar a auga da Fonte de Aradas para consumo humano.

Dende a AA.VV. Rio Sarela instaremos o Concello de Santiago de Compostela a sinalización da mesma para evitar o seu consumo así como proceder a revisar a orixe da non potabilidade da mesma.

Prégase difusión por parte da veciñanza da situación.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.