O 15 de outubro conmemórase o Día Internacional das Mulleres Rurais, con ese motivo o Concello de Santiago de Compostela celebrará un acto que se levará a cabo no CSC de Laraño o propio 15 de outubro ás 18:00h.

Estades convidadas á asistencia ó evento as mulleres da parroquia.
Para facilitar os desprazamentos disporase dun servizo de autobús no que vos podedes anotar. Para apuntarse pódese enviar un e-mail a mposeo@santiagodecompostela.gal, ou podedes inscribirvos a través da AA.VV. Rio Sarela polas canles habituais de e-mail (aavvriosarela@aperegrina.org), teléfono ou whatsapp (648 901 791).
¡¡¡Anímate a participar!!!