¡¡¡Truco ou Trato da Festa do Samaín!!!

Recordamos a toda a veciñanza de Queiroal e Pardaces de Abaixo que o próximo 31 de Outubro a partires das 20:00 h. (se o tempo o permite) teredes a visita nas vosas casas da cativada da parroquia para o “Truco ou trato”, dentro do programa da Festa de Samaín que organiza a AA.VV. Rio Sarela.

Tede preparadas unha morea de chuches para a cativada.

Xúntase o percorrido que vai facer a cativada. Por motivos de seguridade non cruzaremos a estrada para ir as dúas partes de Queiroal, polo que se algún veciño ou veciña da outra beira quere participar, non ten máis que acompañarnos no percorrido.

E … xa empeza a cheirar a castañas asadas en A Peregrina…

¡¡¡Pronto teredes novas!!!

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.