Punto de recollida de aceite usado

Dende a AA.VV. Rio Sarela infórmase da instalación dun punto de recollida de aceite usado na zona de recollida de lixo que está á beira da Carballeira de A Peregrina.

O punto de recollida instalado forma parte da rede de 74 puntos instalados por toda a cidade e parroquias do rural por parte do Concello de Santiago de Compostela.

A instalación deste tipo de colectores ven sendo reclamado pola AA.VV. Rio Sarela reforzando o seu compromiso de promover a defensa do contorno ambiental urbano e natural.

Aproveitamos a ocasión para recordar que uso correcto de cada un dos contedores é fundamental. E por iso que dende a AA.VV. Rio Sarela elaboramos unha pequena guía na cal se explica cal é o uso de cada contedor así como os tipos de contedores que temos repartidos en distintos puntos da nosa parroquia.

Pódese descargar a guía na seguinte ligazón

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.