E en San Xoán, a sardiña molla o pan …

O vindeiro sábado 21 de Xuño a partir das 21:00 h. vente o CSC A Peregrina a desfrutar da Noite de San Xoán.
A AA.VV. Rio Sarela organiza, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, a tradicional noite de San Xoán na que se podrán degustar as sardiñas á brasa así coma chourizos, bebidas variadas, larpeira e café.
A partir das 23:00 h. encenderase a cacharela na zona de parking contigua o CSC A Peregrina.
Ademáis poderás participar no sorteo de tres lotes de regalos, para o cal podes mercar as rifas ó módico prezo de 1 €.
¡¡¡Convidamos a toda a veciñanza a participar!!!

