Dende a AA.VV. Rio Sarela informamos das actividades do Nadal 2025 programadas polo Concello de Santiago de Compostela e que terán lugar no CSC A Peregrina

As actividades son as seguintes:
- Cociña Infantil: luns 22 de decembro ás 18:15 h. (actividade para a cativada)
- Obradoiro de Velas e Xabón: martes 16 de decembro ás 19:00 h. (obradoiros de Nadal para adultos)
Ambas actividades son de balde con inscrición previa dende o 28 de novembro a través do teléfono 981 54 23 50 en horario de atención de luns a venres de 9:30 h. a 13:30 h.
Achégase tamén o resto de actividades do rural compostelán por se tamén foran de interese.
¡¡¡Anímate e participa!!!

