Dende a AA.VV. Rio Sarela informamos da actividade Nadal no Rural organizado polo Concello de Santiago de Compostela.

Trátase programa con unha proposta de ocio educativo dende a perspectiva do deporte e as actividades de ocio enfocadas nas tradicións de Nadal. Realizaranse actividades temáticas do Nadal (talleres de artesanía, repostería tradicional, roteiros de natureza, xogos cooperativos) deseñadas para fomentar o apego ao medio rural e a interacción social dos menores de nados entre o 2013 e o 2020.
Para inscribirse poden facelo a través do correo csrural@santiagosociocultural.gal ou no seguinte enlace https://forms.gle/b9WJWfeDcxUTAsAu8, que está indicado con un código QR no cartaz.
¡¡¡Anímate e participa!!!

