Un dos principais cometidos da Asociación de Veciños Rio Sarela é a modernización do funcionamento da asociación o que redundará nunha maior comunicación ca parroquia.
Neste sentido o primeiro paso é a creación deste Portal Web no cal se poidan publicar todas as novas que consideremos de interese para a parroquia, accións realizadas pola asociación, reunións con diferentes organismos, etc.
Asimesmo daráselle espazo tamén os contidos que queiran incluir tamén dende a Comisión de Festas, Cofradía de Sta. María de A Peregrina ou o Grupo de baile Novo Rio Sarela, de xeito que sexa máis un portal para toda a parroquia que para o uso exclusivo da asociación de veciños.