Descubre Galicia – Costa da Morte

A AA.VV. Rio Sarela organiza, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, unha excursión a Costa da Morte dentro do programa Descubre Galicia.

Dita viaxe está programada para o domingo 12 de Abril do 2026 cun programa que incluirá a viaxe en autobús con comida e visitas a Pontemaceira, Muros, Hórreo de Carnota, Fervenza do Ézaro, Faro de Fisterra e Muxía – Santuario da Virxe da Barca

Reserva a túa praza ata o 22 de Marzo do 2026 a través de correo electrónico aavvriosarela@aperegrina.org ou ben via telefónica/whatsapp ó teléfono 648901791. É necesario na reserva incluir o nome, apelidos e teléfono de contacto dos viaxeiros.

O prezo da viaxe é de 40 € para socios e 45 € para non socios.

¡¡¡Non esperes máis e apúntate!!!

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.