Dentro dos estatutos da AA.VV. Rio Sarela e como un dos fins da asociación que temos é “Promover a defensa do contorno ambiental urbano e natural.” Neste senso depende de toda a veciñanza coidar o noso entorno.
Dende a AA.VV. Rio Sarela solicitamos á veciñanza a colaboración para a identificación e denuncia dos verquidos que se están a producir últimamente en diferentes puntos da parroquia. Non queremos que o entorno no cal vivimos se convirta nun vertedoiro. Para mostra os verquidos de Pardaces de Arriba e no vial que une Sarela de Arriba co Queiroal.




Por outra parte, comunicar o uso inadecuado que estamos a facer dos contedores de lixo. Temos que usalos correctamente para unha separación efectiva do lixo e que se poida reciclar gran parte do lixo depositado. Na seguinte ligazón pódese revisar a guia que elaborou a AA.VV. Rio Sarela indicando o uso correcto de cada un dos contedores. Sexamos responsables para un futuro millor do planeta.
¡¡¡Coidemos o noso entorno!!!

