Dende a AA.VV. Rio Sarela informamos do desenrolo dunha nova actividade Plogging en A Peregrina no marco da defensa da nosa contorna ambiental e natural, e coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela

¿Que é o plogging?
O plogging é unha combinación de facer exercicio (camiñar, correr ou pasear) mentres recolles lixo do contorno.
¿Como se fai?
- Sair a pasear con normalidade pola parroquia
- Levas unha bolsa e luvas
- Vas recolllendo o lixo que atopes polo camiño
Beneficios
- Axudas ao medio ambiente
- Fas máis exercicio (agacharte, moverte, etc.)
- Conciencia social e exemplo para outras persoas
- Pode facerse só ou en grupo
Consellos básicos
- Usa luvas resistentes
- Non recolles obxectos perigosos (cristais rotos, xiringas)
- Separa os residuos se é posible
- Deposita o lixo nos colectores axeitados
Participa ata o 20 de Xuño do 2026 enviando as túas fotos co lixo recollido, a ruta feita e o dia no que a fixeches ó e-mail aavvriosarela@aperegrina.org ou o whatsapp 648901791. O único requisito e que a ruta discorra parcial ou totalmente pola parroquia de A Peregrina.
Agasallaremos os millores participantes.
¡¡¡Anímate e participa!!!

