Vive o verán 2026

Dende a AA.VV. Rio Sarela informamos que se ven de publicitar por parte do Concello de Santiago de Compostela do programa de campamentos de verán Vive o Verán 2026.

O período de pre-inscripción terá lugar do 11 o 20 de Maio, polo que animamos a cativada que se apunten a ditos campamentos. Indicar ademáis que ditos campamentos non teñen custo (de balde).

O modo de presentación será, no prazo indicado, mediante a sede electrónica do Concello de Santiago, en persoa nos CSC no horario habitual de atención ao público ou no formulario existente na seguinte ligazón

Calqueira dúbida podes contactar connosco a través de correo electrónico aavvriosarela@aperegrina.org ou ben via telefónica/whatsapp ó teléfono 648901791.

¡¡¡Non esperes máis e apúntate!!!

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.