Descubre Galicia – Norte de Portugal

A AA.VV. Rio Sarela organiza, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, unha excursión ó Norte de Portugal dentro do programa Descubre Galicia.

Dita viaxe está programada para o domingo 21 de Xuño do 2026 cun programa que incluirá a viaxe en autobús con comida e visitas a Vila Nova da Cerveira, Miradouro do Cervo , Ponte de Lima e Valença do Miño ( A Fortaleza)

Reserva a túa praza ata o 31 de Maio do 2026 a través de correo electrónico aavvriosarela@aperegrina.org ou ben via telefónica/whatsapp ó teléfono 648901791. É necesario na reserva incluir o nome, apelidos e teléfono de contacto dos viaxeiros.

O prezo da viaxe é de 55 € para socios e 60 € para non socios.

¡¡¡Non esperes máis e apúntate!!!

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.