O Concello de Santiago de Compostela impulsa unha iniciativa para visibilizar o rural co reparto de manteis ilustrados na hostalaría e trípticos nos centros de ensino.

O proxecto Compostela Iconográfica distribuirá 65.000 manteliños con ilustracións dos atractivos da zona rural de Santiago en bares e restaurantes e 4.500 trípticos e 250 carteis nos centros de ensino. Esta iniciativa enmárcase na estratexia de pór en valor os múltiples atractivos e recursos turísticos cos que conta o concello.
Por A Peregrina elexiuse o Palco da Música sito na Carballeira de A Peregrina. Dende a AA.VV. Rio Sarela queremos agradecer a toda a parroquia a súa colaboración para facer posible a súa restauración e que agora sexa un dos referentes patrimoniais da nosa parroquia.
¡¡¡Facendo parroquia!!!

