Uso de maquinaria no monte con alto risco de incendio

Dende a AA.VV. Rio Sarela informamos que a Xunta de Galicia ven de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) a orde na que se regula a utilización de maquinaria no monte durante a época de perigo alto, nos supostos de índice de risco de incendio forestal moi alto ou extremo.

Pódese descargar dita orde na ligazón http://aperegrina.org/wp-content/uploads/2026/07/Orde_23_xuno_2026.pdf

A consulta do índice de risco de incendio forestal pódese ver diariamente en https://mediorural.xunta.gal/es/temas/defensa-monte/irdi

Pregamos máxima precaución.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.