XIX LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS

Dende a AA.VV. Rio Sarela informamos que o próximo día 4 de Outubro as 10:00 h. (punto de encontro no CSC A Peregrina) terá lugar a limpeza dun treito do Rio Sarela, enmarcado na actividade Móllate polos ríos coma colaboradores do Proxecto Rios e ca colaboración do Concello de Santiago de Compostela.

O remate da limpeza haberá unha pequena merenda no CSC A Peregrina para todos os participantes.

Informar que para a participación na actividade é OBRIGATORIO que os maiores de idade se poñan en contacto ca AA.VV. Rio Sarela para trasladarlle o nome compreto, teléfono e DNI. No caso de menores de idade deberán estar acompañados dun adulto. Poden facilitar a información polas canles habituais de e-mail (aavvriosarela@aperegrina.org), teléfono ou whatsapp (648 901 791). A finalidade do rexistro de participantes é trasladalo a entidade organizadora e poder incorporalo o seguro de responsabilidade civil da actividade. O prazo de envio da información finaliza o mércores 30 de Setembro.

No proceso de rexistro dos participantes se trasladará tamén toda a información relativa a actividade, como normas da actividade, vestimenta,…

¡¡¡Esperamos a vosa participación!!!

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.