O pasado luns 13 de Xuño ás 19:00 h., tivo lugar no Pazo de Raxoi unha reunión entre a AA.VV. Rio Sarela e a corporación municipal do Concello de Santiago de Compostela.
Por parte da AA.VV. Rio Sarela, acudiron José Antonio Domínguez Varela (Presidente), José Antonio Gallas Barcia (Vicepresidente) e José Luis Castro Vieites (Vogal), mentres que pola corporación municipal acudiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado dos concelleiros de Medio Ambiente, Mila Castro e de Medio Rural, José Manuel Pichel.
Na reunión mantida, por un espazo de dúas horas, se fixo a presentación formal da nova xunta directiva da AA.VV. Rio Sarela á corporación municipal así coma se revisaron os principais temas de interese divididos nos seguintes bloques:
- Actividades centro socio cultural
- Mellora recinto local social
- Obras de ancheamento estrada provincial DP-7084
- Mobilidade e seguridade peonil
- Abastecemento de auga e saneamento
- Dotación colectores lixo
- Iluminación
Estos asuntos tratados, e outros, están recollidos nun dossier cas principáis demandas plantexadas pola AA.VV. Rio Sarela que lle foi entregado á corporación municipal. Pódese descargar o dossier presentado no seguinte enlace.
Esperamos que por parte da corporación municipal atendan as nosas principais demandas para millorar a nosa parroquia.