AA.VV. Rio Sarela co grupo municipal do Partido Popular

O pasado mércores 6 de Xullo ás 20:00 h., tivo lugar no LSC A Peregrina unha reunión entre a AA.VV. Rio Sarela e unha representación do grupo municipal do Partido Popular. Dita reunión entra no marco da rolda de presentación que está a facer a AA.VV. Rio Sarela con tódolos partidos que forman parte da corporación municipal.

Por parte da AA.VV. Rio Sarela, acudiron José Antonio Domínguez Varela (Presidente), José Antonio Gallas Barcia (Vicepresidente), José Antonio Pombo Míguez (Vogal), José Manuel Rosende Seoane (Vicesecretario) e Eva Iglesias Deus (Vogal), mentres que polo Partido Popular acudiu unha representación encabezada por Borja Verea Fraiz.

Na reunión mantida, ademáis da da presentación formal da nova xunta directiva da AA.VV. Rio Sarela, procedéronse a revisar os principais temas de interese divididos nos seguintes bloques:

  • Actividades centro socio cultural
  • Mellora recinto local social
  • Obras de ancheamento estrada provincial DP-7084
  • Mobilidade e seguridade peonil
  • Abastecemento de auga e saneamento
  • Dotación colectores lixo
  • Iluminación

o igual que se fixo no seu día co goberno municipal do Concello de Santiago de Compostela.

Estos asuntos tratados, e outros, están recollidos nun dossier cas principais demandas plantexadas pola AA.VV. Rio Sarela.

Quedamos emprazados tamén para unha próxima visita e percorrer a parroquia para unha revisión in-situ das nosas demandas, o outras necesidades que poidan trasladar os veciños.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.