Doazón equipamento informático para AA.VV. Rio Sarela

Enmarcado dentro das accións de Responsabilidade Social Corporativa da empresa tecnolóxica galega Altia, naceu a iniciativa punto.tech. Esta iniciativa xurdiu da posibilidade de dar unha segunda vida ós equipos informáticos que foron sustituidos dentro do proceso de renovación tecnolóxica dos postos de traballo que realizou a compañía. Altia logra, por unha parte, alargar a vida dos equipos optimizando os recursos e abogando pola reutilización e a sosteñibilidade nun marco medio ambiental responsable, e por outra, apoiar a distintas entidades sociales.

Tras conversacións entre a AA.VV. Rio Sarela e Altia, xurdiu unha posibilidade de adscribirse a esta iniciativa e lograr así a doazón de oito equipos informáticos compretos para a asociación para uso e disfrute de toda a veciñanza, e que se rubricou o pasado 7 de Xullo.

Agradecemos a Altia esta doazón que favorecerá en romper a brecha dixital de acceso, de habilidades e de tipos de uso, e que mellorarán, sen dúbida algunha, as competencias dixitais dos posibles usuarios.

O equipamento está xa instalado no CSC A Peregrina, e estará dispoñible para o seu uso, tanto para actividades formativas organizadas pola asociación ou o Concello de Santiago de Compostela, así coma para uso de toda a veciñanza en horarios nos cales o CSC A Peregrina permaneza aberto.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.