Inclusión do Rio Sarela no programa Proxecto Ríos

A AA.VV. Rio Sarela, dentro do seu compromiso medioambiental, acaba de adscribirse o Proxecto Ríos de Galicia que está coordinado por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza).

O propósito do proxecto é divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como de convertese nun referente nos programas de educación e voluntariado ambiental.

Dende ADEGA valoran moi positivamente ser a primeira asociación de veciños que se adscribe a este proxecto, así coma o noso compromiso co coidado do noso río e ca conservación do noso patrimonio medio ambiental.

Esperamos a vosa participación no proxecto para o cal vos podedes inscribir polas canles (E-mail, Teléfono, WhatsApp) establecida na guía de comunicación da AA.VV. Rio Sarela que está publicada no Portal Web coma nos taboleiros informativos que hai en cada núcleo.

Máis información acerca do proxecto no Portal Web

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.