A Xunta de Galicia percibe fondos que proveñen da Unión Europea no Marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e en concreto, dentro de devandito Plan, recíbense os fondos relacionados co compoñente C19 I3 Mellora das capacidades dixitais para persoas desempregadas para impulsar o emprendemento e o desenvolvemento rural e reducir a brecha de xénero.
O programa Muller Rural 2022-2023 ten por obxectivo formar a mulleres desempregadas que residan preferentemente en poboacións inferiores a 30.000 habitantes en accións formativas para a adquisición de competencia dixital. Aínda que noso caso pertencemos a unha poboación de máis de 30.000 habitantes, xa nos confirmaron que non é un impedimento para a inscrición e asistencia o curso.
O obxectivo do programa é formar en tres especialidades formativas relacionadas coa competencia dixital a 4.014 mulleres, nun período dun ano, en zonas da provincia da Coruña coa poboación límite establecida.
Os cursos ofertados son:
- FCOI001 Competencias dixitais básicas 40 h.
- FCOI002 Competencias dixitais avanzadas 40 h.
- FCOXXX21 Formación para a igualdade 5 h.
Xúntase calendario cos grupos, horarios, datas e lugar de impartición.
Na páxina web Muller Dixital está toda a información do programa incluindo como se ten que realizar a inscrición.