Xa está publica a oferta de actividades que promove o Concello de Santiago de Compostela así como se debe realizar a inscrición nas mesmas.
O periodo de inscrición nas diferentes actividades que se ofertan é entre o 5 de setembro e o 20 de setembro do 2022 (ambos incluídos).
Ainda que preferentemente a inscrición se realizará de forma online a través da páxina www.santiagodecompostela.gal, poderáse realizar tamén a inscrición de forma presencial no CSC A Peregrina en horario de luns e xoves de 16:30 h. a 20:00 h. durante o mes de Setembro.
As actividades que se van a desenvolver no CSC de A Peregrina no curso 2022- 2023 son:
- Enredando (actividade infantil): Luns e Xoves de 18:00 h. a 20:00 h. (de balde). 15 prazas.
- Informática para nenos/as (actividade infantil): Venres 17:00 h. a 18:00 h. (12€/trimestre).
- Obradoiros dixitais (actividade adultos/as): Venres 18:30 h. a 19:30 h. (12€/trimestre).
- Espazo Sénior (actividade senior): Luns e Xoves de 16:30 h. a 17:30 h. (de balde). 12 prazas.
Pódese revisar a programación completa do CSC A Peregrina no seguinte enlace.
Asimesmo se trasladan actividades comúns a realizar para toda a rede de Centros Socioculturais dentro dos programas:
- Pateando Santiago
- Marcha Nórdica
- Camiño Francés
- Regos e Regatos.Sendas e Recunchos máxicos por percorrer
que serán realizas durante o periodo de Outubro a Decembro do 2022
Pódese revisar a programación completa de todos os centros socioculturáis no seguinte enlace.
Por último, e dentro das actividades realizas conxuntamente ca Deputación de A Coruña, está programado para o 27 de Outubro de 2022 ás 18.30 h. a actividade de contacontos Contos Feiticieiros (por Marisa Irimia) no CSC A Peregrina.
Pódese revisar a programación completa da Deputación de A Coruña de todos os centros socioculturáis no seguinte enlace.
Dende a AA.VV. Rio sarela revisaremos co Concello de Santiago a posibilidade de incluir máis actividades na oferta que se poidan impartir no CSC de A Peregrina. No caso de aumentar a oferta se comunicaría a toda a veciñanza as novas actividades incluídas.