AA.VV. Rio Sarela co grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego

O pasado mércores 21 de Setembro ás 18:00 h., tivo lugar no CSC A Peregrina unha reunión entre a AA.VV. Rio Sarela e unha representación do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego. Dita reunión entra no marco da rolda de presentación que está a facer a AA.VV. Rio Sarela con tódolos partidos que forman parte da corporación municipal.

Por parte da AA.VV. Rio Sarela, acudiron José Antonio Domínguez Varela (Presidente), José Antonio Gallas Barcia (Vicepresidente), José Antonio Pombo Míguez (Vogal) e Mirta Pulleiro Landeira (Vogal) , mentres que polo Bloque Nacionalista Galego acudiu unha representación encabezada por Goretti Sanmartin Rei.

Reunión no CSC A Peregrina do 21 de Setembro do 2022

Na reunión mantida, ademáis da da presentación formal da nova xunta directiva da AA.VV. Rio Sarela, procedéronse a revisar os principais temas de interese divididos nos seguintes bloques:

  • Mellora recinto local social
  • Obras de ancheamento estrada provincial DP-7084
  • Mobilidade e seguridade peonil
  • Abastecemento de auga e saneamento
  • Dotación colectores lixo
  • Iluminación

o igual que se fixo no seu día co goberno municipal do Concello de Santiago de Compostela.

Estos asuntos tratados, e outros, están recollidos nun dossier cas principais demandas plantexadas pola AA.VV. Rio Sarela.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.