
O próximo sábado 8 de Outubro do 2022 ás 11:00 h. no CSC de A Peregrina terá lugar a presentación do Proxecto Rios de ADEGA no cal colabora a AA.VV. Rio Sarela.
Nesta xornada procederáse a facer unha breve introducción do que consiste o Proxecto Rios, e logo nos desplazaremos ate un punto cercano do Rio Sarela no cal os representantes de ADEGA nos explicarán a biodiversidade da que consta o Rio Sarela e obteránse mostras da auga do rio para unha posterior análise das mesmas, co fin de ver o estado de saúde do rio que percorre gran parte da nosa parroquia.
Está toda a veciñanza convidada a participar nesta actividade para saber un pouquiño máis do entorno que nos rodea, e así ser conscientes tamén de que debemos coidar o noso patrimonio natural para poder disfrutar do mesmo durante moitos anos.
Contamos coa vosa presenza!!!