O pasado xoves 20 de Outubro ás 20:30 h., tivo lugar no CSC A Peregrina unha reunión entre a AA.VV. Rio Sarela e unha representación do grupo municipal de Compostela aberta. Dita reunión entra no marco da rolda de presentación que está a facer a AA.VV. Rio Sarela con tódolos partidos que forman parte da corporación municipal.
Por parte da AA.VV. Rio Sarela, acudiron José Antonio Domínguez Varela (Presidente), José Antonio Gallas Barcia (Vicepresidente), José Antonio Pombo Míguez (Vogal), José Manuel Rosende Seoane (Vicesecretario) e José Luis Castro Vieites (Vogal), mentres que por Compostela Aberta acudiu unha representación encabezada por Maria Rozas.
Na reunión mantida, ademáis da da presentación formal da nova xunta directiva da AA.VV. Rio Sarela, procedéronse a revisar os principais temas de interese divididos nos seguintes bloques:
- Mellora recinto local social
- Obras de ancheamento estrada provincial DP-7084
- Mobilidade e seguridade peonil
- Abastecemento de auga e saneamento
- Dotación colectores lixo
- Iluminación
o igual que se fixo no seu día co goberno municipal do Concello de Santiago de Compostela.
Estos asuntos tratados, e outros, están recollidos nun dossier cas principais demandas plantexadas pola AA.VV. Rio Sarela.
Con esta xuntanza, finalizamos a rolda de presentación da nova directiva da AA.VV. Rio Sarela cos distintos grupos municipais que forman parte do Concello de Santiago de Compostela.