O pasado luns 31 de Outubro tivo lugar no CSC A Peregrina a Festa do Samaín para toda a cativada da parroquia.


Tivemos unha gran resposta por parte de pais e nais da parroquia que trouxeron os seus nenos e nenas disfrazados para participar na festa. Cerca de 30 nenos e nenas participaron nas actividades programadas, como foron o espectáculo de maxia do mago Charly Braun, unha merenda para toda a cativada e pais e nais participantes, e finalmente o percorrido programado facendo o “truco ou trato” polos lugares de Sarela de Arriba, A Peregrina e O Bargo.



Queremos agradecer a todos os pais, nais, nenos e nenas que participaron na festa, así coma a toda a veciñanza que nos abriu a porta da súas vivendas e participaron ca nosa cativada no “truco ou trato”. Moitísimas gracias a todos.