Dende a AA.VV. Rio Sarela informamos que froito das conversas que mantivemos os últimos días co Concello de Santiago de Compostela, procedeuse a un pequeno axuste nas expedicións da liña P7 que será efectivo a partires do próximo luns 21/NOV/2022.
O cambio máis relevante solicitado polos usuarios da liña P7, e derivado dos problemas que tiñan ás veces os rapaces e rapazas para entrar á hora en colexios e institutos (especialmente os días con moito tráfico), foi o adianto en 10 minutos da expedición das 7:55 h. que sae de San Caetano, pasando así a sair ás 7:45 h. . Este cambio, provoca tamén o adianto de algunha expedición máis para facer o axuste da expedición problemática.

Na páxina web de TUSSA (https://www.tussa.org/web/actualidade/nova.php?id=808&lg=gal) pódese ver o detalle compreto dos cambios.
Pregamos máxima difusión da nova entre os usuarios habituaís do servizo de autobuses da liña P7.