O pasado sábado 19 de Novembro tivo lugar no CSC A Peregrina o tradicional Magosto para toda a veciñanza da parroquia.
Como xa temos trasladado, un dos principais obxectivos da nova xunta directiva da AA.VV. Rio Sarela é o de “facer parroquia” de forma que todos os veciños e veciñas poidan participar activamente neste e outros tipo de eventos e actividades, e sen dúbida alguna, éste tipo de festas son a millor maneira de fomentalo.
Aínda que o tempo non acompañou, tivemos unha gran resposta por parte de veciños e veciñas que decidiron acudir a festa e participar da mesma, así coma colaborar masivamente no sorteo dun lote de xamón e viño que se fixo durante o evento.
Dende a AA.VV. Rio Sarela, queremos agradecer a vosa presenza esperando que todo fose do voso agrado e que pasárades unha boa tarde.
¡¡Moitísimas gracias a todos!!.