O pasado 21 de Decembro do 2022 aprobouse por unaminidade no Pleno do Concello de Santiago de Compostela o Pacto polo Rural, un documento elaborado pola Federación de Asociacións Veciñais do Rural (Ferusa), a cal pertence a AA.VV. Rio Sarela, e que recolle accións concretas a abordar entre os anos 2023 e 2030 para millorar o nivel de prestacións actuais das 21 parroquias que forman parte do rural compostelán.
Aparte das principais necesidades dos núcleos rurais como poden ser os servizos básicos, tamén o documento entra nas necesidades e os compromisos para o seu desenrolo urbanístico, movilidade, sosteñibilidade, medio ambiente, cultura,etc…
De cara a poder executar todas as actuacións derivadas deste Pacto polo Rural, a financiación do mesmo será a través da totalidade dos fondos do Plan de Obras y Servicios (POS), da Deputación de A Coruña, e asignados o Concello de Santiago de Compostela, así coma do compromiso da financiación con fondos propios ata o 1 % do orzamento municipal.
Dende a Ferusa e en particular dende a AA.VV. Rio Sarela, esperamos que o Pacto polo Rural sexa o punto de inicio para considerar as 21 parroquias do rural como parte das liñas de acción de tódalas concellerías centrais municipais e non só da concellería de Medio Rural, coma ven sendo o habitual.
Poñemos a disposición de toda a veciñanza o documento do Pacto polo Rural no seguinte enlace