Seguridade vial e masas forestais nos núcleos de Queiroal e Aradas

Dende a AA.VV. Rio Sarela véñense de presentar sendos escritos a Deputación de A Coruña en relación a:

  • Seguridade Vial: Referido a situación da saída da Variante de Aradas, e da incorporación de regulación semafórica e paso de cebra para cruzar con seguridade a estrada. Tamén do estudio de colocación de elementos reductores de velocidade no vial Santiago – Santa Comba (DP-0701) no paso dos núcleos de Aradas e Queiroal
  • Masas Forestais: Referido a situación de masas forestais na beira do vial Santiago – Santa Comba (DP-0701) na zona de Queiroal, e que están enraizadas en dominio público, de gran volume e ca ramaxe encima do vial. Asimesmo se indica que están preto de vivendas e que supoñen un perigo tanto para viandantes coma para as propias vivendas, e que xa teñen causado problemas por caídas de árbores na estrada, e que se reflectiron en cuantiosos danos nas vivendas por causa de incidentes no tendido eléctrico.

Por outra parte, estáse en contacto ca Deputación de A Coruña para que se proceda o pintado do vial Santiago – Santa Comba (DP-0701) na zona do Queiroal, ou no seu defecto (mentres non se realiza o pintado definitivo) a sinalización da mesma con elementos verticais de zona de obras. A situación actual, e ca meteoroloxía existente nas últimas semanas, supón unha situación de perigo tanto para os vehículos que circulan pola estrada coma para viandantes.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.