Dende a AA.VV. Rio Sarela infórmase do comezo dunha nova actividade que terá lugar no CSC A Peregrina.

Nesta caso trátase da actividade de Cultiva o Corpo impartida por Agadea en colaboración con Concello de Santiago de Compostela.
Dita actividade está dirixida a persoas maiores de 60 anos sen deterioro cognitivo , que desexen ter un envellecemento activo e saudable a través do coñecemento do propio corpo e da práctica de exercicio físico regular en grupo. Un dos compoñentes que máis se traballa é o equilibrio e a percepción.
A actividade terá lugar todos os martes e xoves de 17:30 h. a 18:30 h. no CSC A Peregrina comezando o próximo 24 de Xaneiro.
O custe da actividade é de 24€/trimestre e, por aforo, está limitada a 15 prazas.
A inscripción poderáse realizar a través da AA.VV. Rio Sarela polas canles habituais:
- Teléfono/WhatsApp: 648 90 17 91
- E-mail: aavvriosarela@aperegrina.org
Tamén se poderá realizar no propio CSC A Peregrina o día de comezo da actividade.
Non esperes máis, ¡¡¡Apuntate Xa!!!