O vindeiro martes 21 de Febreiro a Rede de Centros Socioculturais de Santiago de Compostela, sairá, un ano máis, a correr o Entroido, animando a participación a todos aqueles que o desexen.
Este ano ademais de sair disfrazados na comparsa do martes de Entroido con todos os centros socioculturais, vos propoñemos unha Quedada Pataqueira que será o sábado 25 de Febreiro na que faremos,xunto co resto centros socioculturais e co mesmo disfrace, un percorrido pola cidade, para xuntarnos na praza da Quintana para pasar unha tarde de xogos.

Este ano o disfrace escollido é de CABEZA DE PATACA baixo a denominación de orixe PATACA DE COMPOSTELA e co lema MAIS VALE PATACA DE PAZ QUE TALLADA EN GUERRA, facendo alusión ao refraneiro popular e a importancia de vivir en paz aínda que sexa soamente con patacas!!!
Dende a AA.VV. Rio Sarela, animamos a toda a veciñanza a participar, nenos e nenas, pais e nais, desta festa.
A data límite para participar nos obradoiros de elaboración do disfrace é o 10 de Febreiro.
Podes ter toda a información, acudindo o CSC A Peregrina os luns e xoves de 18:00 h. a 20:00 h. ou contactar, polas canles habituais, ca AA.VV. Rio Sarela.
Non esperes máis, e ¡¡¡Únete a familia pataqueira de A Peregrina!!!