A reciclaxe do lixo

Dentro do compromiso medioambiental da AA.VV. Rio Sarela que vimos trasmitindo a toda a veciñanza con diversas accións como pode ser o Proxecto Rios, comezamos agora un programa para incentivar a reciclaxe de lixo, que contribúe de xeito directo a aforrar materias primas, enerxía, auga e reducir as emisións de gases de efecto invernadeiro. Sen dúbida, os beneficios de reciclar os nosos residuos son enormes en comparación ca acción tan sinxela e cotidián que supón.

Dende finais do ano pasado, estánse a sustituir todos os contedores da parroquia por parte do Concello de Santiago de Compostela e no cal a AA.VV. Rio Sarela xa solicitou o reforzo nalgúns puntos con novos contedores tanto en número como en tipo de contedor.

O uso correcto de cada un dos contedores é fundamental, polo que dende a AA.VV. Rio Sarela elaboramos unha pequena guía na cal se explica cal é o uso de cada contedor así como os tipos de contedores que temos repartidos en distintos puntos da nosa parroquia.

Podedes descargar a guía na seguinte ligazón

Esperamos que sirva de axuda para aclarar todas as dúbidas que se teñan no referente a reciclaxe dos residuos que xeramos.

¡¡¡Reciclemos polo coidado do noso planeta!!!

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.