Dende a AA.VV. Rio Sarela achégase a información que nos pasa un veciño da nosa parroquia acerca do comezo da época de trampeo para a Vespa Velutina.

Trasladamos a mensaxe:
“ATENCIÓN TRAMPEO DE RAÍÑAS DE VELUTINA!!! Recordade que estamos en época de trampeo de fundadoras de VELUTINA, é moi importante trampear agora, podedes facer trampas e atraínte caseiro vós mesmos, senón, na Oficina da Agrupación Apícola hai material á venda baixo pedido previo.
OLLO, cando cambiedes o líquido da trampa, aplastade ben as velutinas, dado que aquelas que levan pouco tempo sumerxidas no líquido ao secar ao sol reviven!”
Agradecemos a colaboración da veciñanza para trasladar éste ou outros mensaxes que se consideren de interese para a súa difusión.