A Universidade de Santiago de Compostela (USC) púxose en contacto ca AA.VV. Rio Sarela para colaborar no proxecto de investigación HISTAGRA sobre a recuperación da historia dos barrios de Santiago de Compostela no Século XX.

A proposta de colaboración necesaria ven dada por falar con veciños e veciñas e lles trasladen as súas vivencias no ámbito do traballo no campo, agricultura, festas, cultura, etc,..
Adxuntamos o tríptico de colaboración no cal, aparte das charlas que teñán cos veciños e veciñas, se pode aportar material fotográfico que teñades.
Esperamos a vosa colaboración. Para iso podedes poñeros en contacto directamente nos teléfonos/e-mail indicados no tríptico ou ben poñéndovos en contacto, a través das canles habituais, ca AA.VV. Rio Sarela